ponteareas

O Cultural Areas celebra as súas Vodas de Ouro

O Club Deportivo Cultural Areas celebrou con éxito esta fin de semana, os actos conmemorativos do seu 50 aniversario. O club ponteareán reuníu nunha xornada de convivio e emocións a xogadores, directivos e presidentes que pasaron polo club nestes 50 anos "para facer un recoñecemento público ao seu esforzo e adicación, xa que foron peza fundamental para que o Cultural Areas conseguise chegar a ser recoñecido no fútbol galego como é a día de hoxe", sinalan dende o Club.

No Campo da Lomba disputáronse durante a xornada varios partidos amigables para conmemorar o aniversario do club, inaugurouse unha exposición que repasa a historia do club en imaxes, e descubriuse unha placa de recoñecemento a todas as persoas que fixeron posibles estes 50 anos de historia.

cultural areas vodas ouro 01

Dende o Cultural Areas queren agradecer a todas as persoas que participaron desta conmemoración, así como "ao Concello de Ponteareas, por facer posible coa súa colaboración que este 50 aniversario quede marcado na memoria de todas as persoas que formamos o club", indican.

Pola súa parte o concello de Ponteaeras felicita á totalidade dos participantes nestes cincuenta anos do club; deportistas, directivas, siareiros e a todos e todas os que fixeron posible estes anos de traballo e fomento do deporte.