ponteareas

Un incendio causa graves desperfectos nunha vivenda en Ponteareas

Un incendio que tivo lugar na noite de onte, cara ás 22 horas, no lugar de Puzo, na parroquia ponteareá de San Mateo de Oliveira, calcinou na súa totalidade o garaxe dunha vivenda, amais de afectar a outras dependencias do inmoble. Ainda que se descoñecen as causas exactas do incendio, todo apunta a que a orixe do lumer podería esar nunha caldeira de leña.

Os feitos aconteceron cando, pasadas as dez da noite do mércores 6 de decembro, un particular chamaba dando conta dun incencio na caldeira de leña que tiña situada na parte baixa da casa ao mesmo tempo, na mesma chamada, sinalábase que non había risco para as persoas, xa que todas desaloxaran a vivenda e mesmo tiñan retirado os vehículos do garaxe.

Os bombeiros de Ponteareas trasladados ata o lugar, puideron controlar o lume evitando que afectara ao resto da vivenda, ainda que non puideron impedir que o garaxe da casa ardera na súa totalidade. Amais, unha perruquería anexa e un cuarto situado na parte superior da mesma, miraronse afectados polo fume que non polas lapas.

Cara a 01:30 horas desta madrugada, os bombeiros pontereáns daban por finalizados os traballos de extinción logo de comprobar que non quedaba ningún punto que puidera dar lugar á reactivación do lume.