ponteareas

Ponteareas amosa todo o seu potencial en «Culturgal»

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, coa representación da Banda de Gaitas Tremiñado e compoñentes do Rancho de Reis de Fozara O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, coa representación da Banda de Gaitas Tremiñado e compoñentes do Rancho de Reis de Fozara

Os días 1, 2 e 3 de decembro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a «X Feira de Industrias Culturais de Galicia-CULTURGAL 2017» no que participou o Concello de Ponteareas cun stand informativo propio no que expuso seis bloques de industrias culturais destacadas do municipio.

No espazo principal desta Feira, ante a atenta mirada dos visitantes do «Culturgal», tiveron lugar as actuacións do cuarteto da Banda de Gaitas Tremiñado e do Rancho de Reis de Fozara. Ademais, proxectouse un vídeo promocional que tiña como obxectivo, animar a todas as persoas a achegarse ao municipio do Tea e coñecer e gozar da diversidade de recursos turísticos e culturais cos que conta Ponteareas.

culturgal presentacion xose represas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, na presentación ao amplo abano de actividades culturais que oferta Ponteareas, en compaña da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.

Na presentación, o alcalde, Xosé Represas, acompañado da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, destacou "o enorme patrimonio musical co que conta Ponteareas" sendo este, dixo, "un piar fundamental dos recursos turísticos da nosa vila". O rexedor local convidou aos presentes a achegarse a Ponteareas para gozar destas actuacións musicais, que terán un espazo ben destacado na programación de nadal elaborada polo Concello.