ponteareas

Ponteareas publica a listaxe provisional de admitidos no «Campus-Tea Nadal»

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas vén de poñer em coñecemento de toda a veciñanza que na páxina web do Concello xa está publicada a listaxe provisional de admiditos e admitidas no «Campus-Tea Nadal», listaxe que tamén se pode consultar nesta ligazón.

Os interesados e interesadas deben consultar a listaxe para verificar se están admitidos. Unha vez resoltas as posibles alegacións publicarase a listaxe definitiva na web do Concello o día 11 de decembro.

Comprobada a listaxe definitiva, os admitidos deberán presentar a documentación requerida no prazo comprendido entre o día 11 e o 15 de decembro, de non facelo así, a praza será ofertada ao seguinte da listaxe de agarda.

Os interesados e interesadas deberán presentar fotocopia tarxeta sanitaria, fotocopia DNI do tutor, fotografía do neno e o impreso do pagamento xestionado polo departamento de rendas do Concello.

Calquera dúbida pode ser resolta a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 673 794 880.