ponteareas

«Pon-Teatro», a aposta de Ponteareas polas artes escénicas

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, que xestiona Hortensia Bautista, en colaboración cos grupos de teatro afeccionado de Ponteareas, vén de poñer en marcha unhas xornadas de teatro non profesional denominada «Pon- Teatro» “coa finalidade de poñer en valor as artes escénicas e da improvisación, así coma o espírito de colaboración e difusión cultural no noso idioma” sinala o Goberno local.

A participación será aberta a todos os grupos teatrais do Concello e mesmo da comarca nun número máximo de seis grupos e as obras serán representadas en lingua galega. As xornadas terán lugar no auditorio municipal durante o mes de outubro.

Os grupos poderán inscribirse no Departamento de Cultura ata o vindeiro día 17 de setembro e consultar as bases no seguinte enlace da páxina web do Concello de Ponteareas na pestaña “Cultura” ou nesta ligazón.

O xurado puntuará a mellor obra, mellor atrevo de escenario, mellor vestuario, mellor actor, mellor actriz e mellor dirección.

O Concello repartirá un premio único por unha cuantía máxima de mil euros entre todos os grupos participantes, cun mínimo de 150 € e un máximo de 200 € por grupo. Tamén concederá un agasallo de recoñecemento aos seleccionados no apartado anterior.