ponteareas

Castro de Troña e as Perseidas, unha combinación inesquecible

A oficina municipal de Turismo do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que xestiona Hortensia Bautista, vén de organizar para o sábado 12 de agosto, unha visita guiada nocturna ao Castro de Troña, actividade que está incluída dentro da programación e na que, amais de coñecer un dos espazos castrexos máis importantes de Galicia, permitirá gozar da visión das Perseidas, ao ser un lugar sen contaminación lumínica.

A visita dirixida a todo o público en xeral, comezará as 22,30 h no mesmo Castro de Troña e correrá a cargo de Carlos Venade que será o encargado de dar a charla explicativa sobre astronomía. Recoméndase levar roupa de abrigo e lanternas. Para mais información chamar á oficina de turismo (673 79 47 62 ou 672 10 54 68) ou enviar un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.