ponteareas

A V edición do Festival Groba achegará a música clásica a tódolos públicos

A presentación do certame tivo lugar este xoves en dependencias municipais. A presentación do certame tivo lugar este xoves en dependencias municipais.

O Concello de Ponteareas acolleu  a presentación da V edición do Festival Groba que terá lugar dende o día 11 ao 18 de agosto de 2017. O Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal e o propio compositor, Rogelio Groba, quixeron arroupar e apoiar hoxe á Orquesta de Cámara Galega, organizadora do Festival Groba, e ao Concello de Ponteareas como anfitrión e colaborador deste importante certame musical.

Na súa intervención Anxo Lorenzo destacou a tradición musical da vila e da comarca en xeral e a importancia de que neste ano se celebre a quinta edición síntoma da consolidación dun certame único en Galicia. No acto de presentación do V Festival Groba, o Deputado Provincial, Xosé Leal, reseñou que este festival é un claro ejemplo de a música de cámara non se concibe só para as grandes ciudades, “sendo un exemplo de cara a todo o público e aos propios músicos convidados de que un festival desta calidade e magnitude tamén é posible en vilas máis pequenas. Os festivas teñen que topar o sea oco e o seu público e nese punto que é seu ofrecer calidade”.

Rogelio Groba Otero, director artístico do Festival, fixo un repaso pola programación suliñando a capacidade de promocionar os músicos da terra e facelos convivir e compartir cartaz durante estes nove días con músicos recoñecidos do panorama internacional. Para Groba un dos obxectivos do festival é achegar a música de cámara ao público, facendo a cultura accesible.
“O obxectivo deste festival é levar a música clásica ao maior número de persoas coa orixinalidade e privilexio de levar o nome dun compositor vivo que sigue a crear, a compor e a traballar ofrecendo a posibilidade aos novos músicos de coñecelo e de traballar conxuntamente”, engade Groba Otero.

Músicos galegos como o violinista Pablo Vidal ou o israelí Guy Braunstein danse a man no V Festival Groba. Clara Jumi Kang ao violín, á viola Miguel Dasilva e Helene Deisant, ao cello Anastasia Kobekina e tamén Leonard Elschenbroich ou ZVI Plesser e a ponteareá Alba Reirís ou o compostelá Manuel Lorenzo comparten cartel cos pianistas Sunwook Kim, Julien Quentin, Anna Crexells e Antía Couto e tamén cos frautistas Gili Shwarzman, Bernabé Simes ou a soprano Isabella Gaudí, sen esquecer a Ramón Pérez ao clavicémbalo e ao compositor Luis Álvarez.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, agradeceu o traballo da organización ao ofrecer a tódolos veciños unha semana de música clásica propia dos grandes auditorios e teatros de todo o mundo, levando, unha vez máis, o nome de Ponteareas a escalas internacionales.
Formación e estreas

En canto á vertente de formación artística para o alumnado participante, o festival centrará o seu repertorio nos conxuntos de cordas e piano. Ademais, prestarase unha atención especial á divulgación do compositores galegos, concretamente ao compositor lucense Luis Álvarez Cabado e, consonte aos obxectivos da iniciativa, ao mestre Rogelio Groba. Este ano, en colaboración coa Fundación Groba, o festival estreará “Na suaviña”, unha obra escrita especificamente para a ocasión polo compositor ponteareán, creada para soprano e orquestra.

Outras composicións de Gobra, xunto con pezas habituais do repertorio internacional de autores como Haendel, Brahms, Mendelssohn, Holst, Telemann e Dvorak completan a oferta muscial do festival.
Este ano os artistas nacionais e internacionais convidados interpretarán algunhas das obras máis aclamadas polo público nas edicións anteriores convertendo así esta edición nunha especie de caleidoscopio histórico das actividades artísticas do festival.

Pedagoxicamente, e para reforzar a vinculación do festival cos novos talentos, o Festival Groba 2017 ofertará un curso de violonchelo e, debido ao éxito da pasada edición, impartirase tamén un curso de biomecánica adicado á educación postural dos intérpretes previa inscrición na páxina web www.festivalgroba.com donde se poderán consultar os requerimientos.
A V edición do Festival Groba dará comezo o día 11 e estenderase ata o 18 de agosto. A OCGa, como orquesta residente, abrirá e pechará o Festival Groba con dous concertos sempre ás nove da noite do 11 e 18, ademáis dun terceiro concerto o luns 14.