ponteareas

A Xunta remata as melloras da PO-403 con beirarrúas, varanda e pivotes

A candidata do Partido Popular, Belen Villar, visitou a zona acompañada polos concelleiros Andrés Sampedro e Domingo Freitas A candidata do Partido Popular, Belen Villar, visitou a zona acompañada polos concelleiros Andrés Sampedro e Domingo Freitas

A candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, agradece á Xunta "a súa implicación con Ponteareas" ao concluír no prazo previsto, explica a concelleira, as obras de seguridade viaria e peonil na estrada autonómica PO-403.

O viario, que transcorre entre Ponteareas e Angoares, conta xa cunha nova beirarrúa con varanda de seguridade, entre o cruzamento de Mondariz e a entrada a San Roque, e novos pivotes, que foron repostos, substituíndo os anteriores, pola Consellería de Intraestruturas e Vivenda.

“Era unha demanda moi necesaria", afirma Belén Villar quen asegura que a Xunta "soubo entender esta necesidade e actuou de forma moi rápida. Agora os veciños poderán transitar de forma máis segura por este viario”.

A candidata popular lembra que a Xunta de Galicia “sempre se implica con Ponteareas” e lamenta que o Goberno municipal "non teña en conta as necesidades do municipio nin se preocupe por dar saída aos problemas".