ponteareas

Xosé Represas: "Os locais públicos son dos cidadáns para expresarse libremente"

Xosé Repesas, alcalde de Ponteareas Xosé Repesas, alcalde de Ponteareas

O alcalde de Pontearas, Xosé Represas, considera que a polémica creada co uso do salón de Plenos para a gravación dun videoclip dun grupo musical, e denunciado polo Partido Popular demostra “a alerxia que o PP ten á liberdade de expresión e aos dereitos fundamentais”.

Represas amosouse contundenten á hora de pechar a polémica afirman que “mentres sexa alcalde os locais públicos estarán a disposición da cidadanía para expresarse libremente e nunca exerceremos a censura previa para deixar ou denegar eses locais en función do que se vaia dicir neles”.

“En Ponteareas os locais están abertos para que se expresen os unionistas, os independentistas, os federalistas, os republicanos ou os monárquicos. É o normal nunha democracia aínda que o PP como herdeiro do franquismo non o alcance a comprender” sinalou Represas.

O alcalde ponteareán lamenta “a deriva demencial" do PP e determinados medios de comunicación "que criminalizan calquera opinión que sexa crítica coa constitución española. Defender a república fronte a monarquía ou a independencia fronte ao estado unitario está amparado pola liberdade de expresión e non é un delicto" asegurou o rexedor local. "Deixar un local público para quen quere expresalo é unha obriga de calquera demócrata, estea ou non dacordo con eses plantexamentos políticos. E deixar un local público no quere dicir que o goberno local comparta o que nese acto ou actividade se vaia expresar”.

Por último Represas considera “incomprensíbel que o PP diga que os locais públicos non se poden utilizar para actos partidistas cando todos os partidos en Ponteareas empregan locais municipais para os seus actos políticos”. O alcalde pedíu á veciñanza que "tome nota" e evite unha volta ao pasado. “Co PP de novo no goberno xa sabemos o que nos espera: os locais públicos só poderán usalos os que pensen coma eles” concluíu o alcalde.