ponteareas

Xosé Represas lamenta que Belén Villar "descoñeza como se financian as obras"

O Alcalde de Ponteareas Xosé Represas amosou a súa “sorpresa” diante das críticas do PP en relación coa ampliación da depuradora. A candidata popular, Belén Villar, criticaba a ausencia dunha partida nos presupostos municipais para realizar a ampliación da depuradora. Represas lamentou “o profundo descoñecemento da señora Villar sobre como se financian as obras e se prevén as partidas presupostarias”. "Agora entendo mellor como levaron Ponteareas á bancarrota", sinalou o alcalde ponteareán.

O rexedor local explicou que “a día de hoxe o Ministerio para a Transición Ecolóxica dispón xa do proxecto de ampliación. Agora para facer a obra temos que asinar un convenio entre o Ministerio, a Xunta e o Concello, onde se reflectirá o que financia cada parte".

Nese sentido Xosé Represas sinalou que o Ministerio "xa comprometeu o 60%, pero aínda non temos a comunicación oficial da Xunta da súa aportación Isto quere dicir, que non sabemos aínda con exactitude o importe do que teremos que poner, si o 20% ou máis”.

Represas lembrou que o Concello propón asumir o 20% do custo e que a Xunta se faga cargo doutro 20%. “Mentres isto non estea confirmado e recollido nun convenio non ten sentido modificar a cegas o noso presuposto. En canto teñamos a resposta e o compromiso da Xunta, celebraremos un Pleno no que modificaremos o presuposto incluindo a partida que nos corresponda. Agardo que cando chegue ese día o PP apoie a nosa proposta”.

Agora entendo mellor como levaron Ponteareas á bancarrota