ponteareas

A veciñanza de Ponteareas pode consultar o PXOM na Oficina Técnica do Concello

O Goberno de Ponteareas que preside Xosé Represas, vén poñer en coñecemento dos veciños e veciñas que, o Concello dispón dun servizo de atención ao cidadán para consultar, na Oficina Técnica Municipal o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os colectivos veciñais deberán pedir cita previa no número 986 64 00 00 extensión 2022 para os días de consulta do PXOM fixados os martes e venres de 10 a 14 horas.

O executivo que preside Xosé Represas explica tamén que na páxina web pódese consultar dito documento urbanístico "cos recortes impostos pola Xunta de Galicia".

Nestes intres, sinala o Concello ponteareán, "os técnicos municipais traballan na detección de posibles erros técnicos, que son comprensibles se temos en conta que as esixencias da administración autonómica obrigaron a realizar innumerables cambios no noso plan”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anima aos afectados "a canalizar a súa problemática a través dos colectivos veciñais, aos que pedíu a súa colaboración".

Na pestaña «PXOM» da páxina web do concello poden consultar o documento do Plan Xeral coas modificacións impostas pola Xunta de Galicia, a aprobación inicial, o proceso de tramitación e outra información útil. Tamén poden acceder clikando nesta ligazón.