ponteareas

A inauguración da pista patinaxe, abre un amplo programa de actividades do Nadal ponteareán

A Concelleira de Comercio, que xestiona Inés Vidal, convida a toda a veciñanza da área metropolitana a facer as súas compras de Nadal no comercio local e gozar así, completamente de balde, de entradas para a pista de patinaxe que este ano amplíase en sesenta metros cadrados máis. A pista será inaugurada este xoves día 6 a partir das 16:30 horas na carpa ubicada na Praza Maior e amosouse xa, o pasado ano, con un elemento dinamizador do comercio local.

A pista abrirá as súas portas, ata o 30 de decembro, de luns a domingo, onde monitores e monitoras atenderán a todos os nenos e nenas. O horario a partir do día 22 será de luns a domingo de 11 h a 14 horas e de 16 h a 21 horas, agás o día 25 de decembro que será soamente de 17 a 21 horas. Dende. o día 7 ata o dia 22 o horario será só de tarde de luns a venres, mentres que sábado e domingo terá horario d mañá e tarde. A sesión de patinaxe oscilará entre os 30 e os 45 minutos dependendo da afluencia de público.

Sorteo de dúas entradas o partido do Celta
Este mércores día 5 o photocall da pista de patinaxe estará no Parque das Pombas e todos os que queiran ganar dúas entradas para ir a ver un partido do Celta terán que facerse unha fotografía instantánea e deixar o seu número de teléfono e datas no photocall. Cada fotografía irá asociada a un número que entrará no bombo para proceder ao sorteo á última hora da tarde. A Concellería de Comercio comunicará o premio ao gañador ou gañadora.

Doutra banda, o día 8, ás 18:30 horas e na Praza da Música, terá lugar o acendido do alumeado de Nadal, actividade que terá animación previa co gran espectáculo «O mundo do circo» a dende das 17:30 horas na Praza Maior.

Un total de 202 elementos luminosos engalanarán vintesete rúas, cinco glorietas, 42 árbores e oito edificios municipais con 70 arcos, cinco carteis de nadal, 64 báculos, 5 decoracións específicas para glorietas, 42 luces de atrezzo para árbores e oito motivos decorativos para as fachadas municipais completan o total.

O empeño do Goberno "de garantir procesos de transparencia e de libre concurrencia", sinalan dende o executivo, "fixo que se tivera que mudar a data da inauguración para garantir os prazos legais". Nun concurso aberto baixo criterios de sostibilidade apostando pola implantación de novas tecnoloxías de menor consumo enerxético e alto valor estético, Inés Vidal, valorou a maior vistosidade e o predominio dos cambios de cor e alumeados dinámicos. O alumeado suporá un investimento de 30.000 €.