ponteareas

Máis de 500 comensais no Xantar de Nadal do PP de Ponteareas

Belén Villar, candidata do PP á alcaldía de Ponteareas, conversando con asistentes ao xantar de Nadal Belén Villar, candidata do PP á alcaldía de Ponteareas, conversando con asistentes ao xantar de Nadal

El PP de Ponteareas celebrou, onte domingo 2 de decembro no restaurante «El Otro Mundo del Tea», o xantar de Nadal no que máis de 500 persoas arrouparon á candidata popular a alcaldía ponteareá, Belén Villar e no que participou o presidente provincial, Alfonso Rueda. Villar quixo agradecer ao seu equipo "o esforzo realizado" froito do que o xantar triplicou o número de asistentes con respecto ao celebrado o 2017.

A candidata pediu a confianza dos asistentes para axudar ao PP para conseguir a maioría absoluta necesaria en 2019. “Imos empezar un ano, e con el novos propósitos, eu para este 2019 propóñovos un cambio. Deixar a parálise na que se atopou Ponteareas os últimos anos para facer a partir de 2019 unha vila de oportunidades para todos”. En canto ao Goberno actual, Villar dixo que “estiveron catro anos sen facer nada e que agora a cinco meses das eleccións anuncian unha chea de proxectos para tentar volver confundir aos veciños”.

BelenVillar xantar nadal 2018 02

Mentres, Novas Xeracións de Ponteareas adiantábase á intervención de Belén Villar cunha sorpresa, a proxección na sala dun emotivo vídeo, a modo de homenaxe, que conseguiu conmover á candidata á alcaldía.

Na súa intervención, o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, afirmou que “fixemos unha moi boa elección fai uns meses. Belén, tes que seguir a traballar como estás traballando”. Da candidata á alcaldía, Rueda destacou que “Belén ven a Santiago con problemas de Ponteareas para intentar resolvelos, fai o que non está a facer o alcalde actual”.