ponteareas

Aberta a inscrición para Ponteareas25km

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar na marcha puntuable para o Open de Andainas de Regularidade “Ponteareas25km” ou na andaina solidaria que terán lugar o vindeiro día 28 de outubro e para as que xa está aberta a inscrición na seguinte ligazón.

A andaina terá un fin benéfico e recollerá alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal para axudar ao centro de reparto de alimentos do concello de Ponteareas pero os participantes da marcha que así o desexen poderán tamén aportar este tipo de produtos e alimentos no punto de saída aos representantes do Concello.

Unha parte da inscrición na marcha puntuable tamén será destintada a fins benéficos. Toda a información aquí.

“Convido ás veciñas e veciños de Ponteareas a achegarse coa andaina ás paisaxes e patrimonio que temos e debemos conservar, así como a realizar unha actividade saudable. Ademais, coa súa participación farán un labor solidario axudando no traballo de recolleita do Centro de Reparto de Alimentos”, explica o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas

Antes do inicio explicarase os lugares polos que transcorre a camiñada destacando os lugares de interese paisaxístico, medioambiental e cultural, ruta que estará perfectamente sinalizada e, na medida do posible, transcorrerá polos camiños tradicionais.