ponteareas

As amazonas do CHAR de Ponteareas destacan no concurso de salto 2 Estrelas

Lucía Campos Cora e Lucía Oterino Alonso, amazonas do Club Hípico CHAR de Ponteareas, participaron no Concurso Nacional 2 Estrelas de Salto disputado en Mondariz. As amazonas ponteareás conseguiron moi boas clasificacións. En concreto, Lucía Oterino participou na modalidade de 0,50 rematando segunda no último día montando a Flaubert Deval. Lucía Campos, montando a Guerreiro, ─ cedido ao CHAR por Purada (Asociación Cabalo Galego)─ participou en 0,80, rematando cuarta .

hipica char 01

Dirixidas polo seu adestrador de equitación, Isidro Calvo, participarán a fin de semana do 6 e 7 de outubro no Club Casasnovas en Arteixo no Concurso Territorial de Salto no que tamén participarán as súas compañeiras de club, Lía Senra, Inés Sánchez e María Artepazo. A esta última proba irán acompañadas tamén da adestradora Nerea Muíño.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicitaron ás deportistas ponteareás polos seus postos e desexáronlle sorte na competición desta fin de semana.