ponteareas

Belén Villar acepta o reto de "recuperar a alcaldía" nas Municipais de 2019

Belén Villar, actual presidenta local do PP, portavoz do Grupo Municipal e deputada provincial, será nomeada oficialmente candidata á alcaldía para as vindeiras municipais do 2019, nun acto que terá lugar no parque Ferro Ucha e que estará aberto á toda a cidadanía. Os populares, logo de tres eleccións coa mesma «cabeceira de cartel», cambian coa intención de gañar con maioría absoluta, segundo sinalan fontes populares.

“Seguimos sendo o partido maioritario en Ponteareas, pero iso non chega, temos que esforzarnos máis que os demais partidos, porque nós só podemos gobernar con maioría absoluta, votar a outros partidos é apoiar Gobernos de coalición, A xente pediunos renovación e maior apoio”, asegurou Villar.

No acto de presentación, aberto aos veciños, intervirán o actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; o vicepresidente da Xunta e presidente provincial, Alfonso Rueda; a presidenta da Mesa do Congreso dos Deputados, Ana Pastor Julián e a presidenta local do PP de Ponteareas e candidata á alcaldía, Belén Villar González.

O PP de Ponteareas considera este acto como "inicio da carreira as próximas eleccións municipais" xa que “queda pouco tempo para recuperar a confianza dos veciños”, sinalan.

Dende a formación popular teñen claro que “hai que traballar duro, quedan moitas cousas pendentes en Ponteareas que necesitan solución urxente. Xa comezamos a redacción do noso proxecto e nos vindeiros meses teremos reunións por Ponteareas para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. Todas aquelas propostas que sean posibles serán incluidas no noso proxecto. Polo que instamos os veciños a que nos deixen as súas suxerencias na nosa sede local ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.".

O PP de Ponteareas creará "un proxecto integrador, moderno e terá en conta a opinión dos veciños". “Os veciños son os que coñecen a realidade do noso municipio. Entramos nunha fase na que toca escoitar máis que falar. Intentaremos recoller todas as reinvindicacións e a partir de ahí faremos o noso proxecto para ser presentado antes das municipais”, afirman dende o Partido Popular ponteareán.