ponteareas

Ponteareas vive, esta fin de semana, unha nova edición da «Feira de Oportunidades»

A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas, que dirixe Inés Vidal, en colaboración coa Asociación de Comerciantes Tea organiza a sétima feira das Oportunidades que terá lugar os vindeiros 11 e 12 de agosto. Un ano máis, as rúas Oriente, Esperanza e Praza Bugallal convertiránse nun centro comercial aberto no que atopar todo tipo de produtos e servizos a prezos rebaixados.

O sábado día 11 de 16:30 a 20:30 horas haberá un inchable acuático para diversión dos máis pequenos e mentres que para os maiores haberá sorteos inmediatos. A xornada contará tamén coa animación dun DJ.

A feira continuará aberta durante todo o domingo día 12 ofrecendo de novo o inchable para os máis pequenos e pequenas, sorteos e música de DJ para animar.

A concelleira de Comercio, Inés Vidal, anima a toda a veciñanza da área metropolitana a "achegarse, comprar e gozar en Ponteareas donde poderán atopar os mellores produtos e servizos aos mellores prezos".

“As tendas sairán ás rúas nun horario e días especiais para atopar os mellores produtos incluso de tempada con rebaixas moi importantes", sinalaba a concelleira de Comercio. As familias ademais poderán gozar de actividades para nenos e nenas e tamén con animación para facer destes días de compras días tamén de festa e bo ambiente. "Achegar o noso tecido comercial aos cidadáns da comarca e tamén do resto da área metropolitana é o obxectivo desta feira”, conclúe Inés Vidal.