ponteareas

O Goberno de Ponteareas lamenta o atropelo dunha veciña en Angoares

O Goberno local de Ponteareas vén de emitir un comunicado no que lamenta o fatal suceso da mañá de hoxe, no que unha veziña morria vítima dun atropelo acontecido na estrada PO-403, na parroquia de Angoareas, é altura do cruce dunha superficie comercial e recrimina á Xunta de Galicia "non ter adoptado ás medidas pertinentes nestes 20 anos de demandas veciñais".

Para o executivo de Xosé Represas "lamentablemente este é un exemplo dos motivos motivos que levaron, durante estes anos, á veciñanza a demandar urxentemente melloras na seguridade viaria" que agora, di o Goberno local "pedimos á Xunta que estude".

Para Xosé Represas, a veciñanza de Moreira e Angoares e todos os que transitan esa zona "está exposta a un constante perigo pola falla de seguridade viaira dende que hai vinte anos se abríu este enlace coa autovía que provoca unha alta concentración de tráfico rodado".

O Goberno de Ponteareas, "consciente desta situación de perigosidade", lembra que aprobou en Pleno "modificar o proxecto de reforma da estrada da Xunta PO-403, considerando as demandas dos veciños de Angoares".

Tristemente, este documento recollía actuacións, precisamente, no treito en que se produciu o accidente. Proxecto pedía establecer medidas de redución efectiva da velocidade nos treitos rectos e de pendente "a zona do accidente mortal é claramente un deses tramos"; mellorar e ampliar as zonas de pasos de peóns ─tamén de aplicación neste mesmo lugar─. Doutra banda, pedíase estudar, en todo o treito, medidas de mellora da accesibilidade e da conectividade co viario municipal, "tamén referido a este cruce por ser un dos máis arriscados", puntualiza o Goberno ponteareán.

Finalmente, completar os percorridos peonís e cumprir a normativa de accesibilidade nos largos das beirrarúas ou sendas e nos pasos de peóns, eran outras das modificacións aprobadas polo Pleno.

“O proxecto da PO-403 presentado pola Xunta non soluciona estes graves problemas de seguridade que se arrastran dende hai vinte anos e rexeitaron estas propostas da Corporación de Ponteareas no Parlamento Galego”, engade o alcalde, Xosé Represas.

A veciñanza e o Goberno tamén reclaman dotar de beirarrúas á PO-403 ao seu paso polo núcleo urbano de Ponteareas, nos tramos da Avenida Castelao que carecen delas.