I Forum Transfronterizo

ponteareas

ACiP denuncia o estado do sendeiro do Regato da Venda

O portavoz municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP) denunciou o estado no que se atopa o sendeiro do Regato da Venda, tanto no que fai referencia ao carreiro en si, coma á zona infantil e a propia toponimia que, segundo o concelleiro independente, "contempla un nome que non é o seu, o da Venda".

No que á toponimia fai referencia, Juan Carlos González Carrera lembra que o seu grupo presentou, no seu momento, unha moción tanto ao anterior como ao actual goberno muncipal, "esixindo que se respectase a toponimia da zona" ao figurar na sinalización un nome que non é o orixinario que non é outro "que o da Venda" tema que, sempre segundo ACiP, "a Concellería de Cultura comprometeuse a arranxar, non sendo así ata o momento... e xa pasaron tres anos á fronte do Concello".

regato da venda 2018 01

Doutra banda, Alternativa Ciudadana de Ponteareas chama a atención sobre a situación en que se atopa a área infantil á que, hai máis dun ano, "distintos actos vandálicos deixaron practicamente inservibles as randeeiras e demais elementos para a diversión e seguridade dos nenos" e que, segundo o grupo independente, "un ano despois seguen no mesmo estado".

Finalmente, no que ao carreiro propiamente dito atinxe, denuncian a existencia "dunha focha debaixo debaixo do camiño por onde pasan persoas a diario que practican deporte". Non se ve dende arriba, explica González Carrera, "pero si desde en fronte, sen coñecer o perigo que entraña esa situación".

regato da venda 2018 02

Por todos estes motivos, ACiP esixe "que se tomen medidas urxentes" para corrixir a actual situación do Regato da Venda. Juan Carlos González lamenta que o Goberno "vida a propaganda" xa que segundo afirma, "publicitan as cousas que van facer, pero logo quedan sen realizar".