ponteareas

Ponteareas entrega os premios dos III Xogos Florais

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Cultura que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, entregou onte os premios do concurso de poesía dos III Xogos Florais. O xurado Hortensia Bautista Fernández, en quen delegou o Alcalde; Roi Vidal Ponte, Marta Dacosta Alonso, Diego García Represas e Manrique Fernández Váquez, con Sofía Rodríguez Suárez traballadora da Biblioteca Municipal como secretaria, destacou o bo nivel dos participantes que fixo complicada o fallo final.

Tra-la lectura dos poemas presentados, os membros do xurado decidiron outorgar os seguintes premios:

Categoría infantil:
“Os meus gatiños” presentado baixo o pseudónimo de CANELA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Mª Cayetena Herrero Iglesias.
“Carta de amor” presentado baixo o psudónimo de A PEQUENA ROSA NEGRA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Valeria Estévez López .
“Ponteareas” presentado baixo o pseudónimo de CURIOSOMARABILLOSO. Unha vez aberto o sobre corresponde a Anxo Fernández Cambra.

Categoría Xuvenil:
“Desgaste” presentado baixo o pseudónimo de MOONCHILD. O poema corresponde a Giovanna Carvalho Carneiro.
“Princesas” presentado baixo o pseudónimo de TOKIO 011. O poema corresponde a Sara Seijo Vila.
“Aquela mente” presentado baixo o pseudónimo de AIKO KOKORO. O poema corresponde a Gala González García.

Categoría Adulto:
“Un home común” presentado baixo o pseudónimo de GALA PEREIRO. O poema corresponde a Fátima Domínguez Silva.
“Queima” presentado baixo o pseudónimo de CÉFIRO. O poema corresponde a Pilar Alonso Suárez.
“Vida estelar” presentado baixo o pseudónimo de HUMIA. O poema corresponde a Carla Leándrez Dosantos.

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, felicita ás gañadoras e gañadores e agradeceu aos participantes "a boa calidade dos traballos" animándoos a seguir escribindo "e creando pezas literarias fermosas, comprometidas e singulares". Os traballos premiados serán publicados nunha edición conxunta.