ponteareas

As panaderías de Ponteareas apoian a nosa lingua, no Día das Letras Galegas

A concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, con representantes das panaderías que se suman a esta iniciativa de posta en valor da lingua galega e das súas figuras máis destacadas A concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, con representantes das panaderías que se suman a esta iniciativa de posta en valor da lingua galega e das súas figuras máis destacadas

A concellería de Cultura e as panaderias de Ponteareas, unen esforzos á hora de amosar o seu apoio á nosa lingua e, nunha fermosa iniciativa conxunta, entregarán oito mil bolsas de papel que homenaxean á poetisa María Victoria Moreno, á quen este ano está dedicado o Día das Letras Galegas e ao poeta ponteareán, Alfonso Pexegueiro.

As bolsas de papel que serán entregadas nesta iniciativa do departamento que dirixe a concelleira Hortensia Bautista, teñen por un lado datos sobre a profesora e escritora María Victoria Moreno, xunto cunha cita e un poema da súa autoría e polo outro lado, destacan a figura do escritor e poeta ponteareán, Alfonso Pexegueiro, reseñando un dos seus poemas.

Con esta iniciativa, as panaderías de Ponteareas apoian a difusión da nosa lingua e dan a coñecer, non só a figura da ilustre poetisa, "senón tamén dos autores e creadores locais" sinala Hortensia Bautista. A concelleira de Cultura do Concello ponteareán sinala que o obxectivo primordial desta iniciativa "é dinaminzar a lingua e a literatura galega entre a cidadanía e contribuír para prestixiar a nosa lingua materna que tan boas obras agocha e que debemos por en valor”.