ponteareas

Ponteareas abre a inscrición para o comedor escolar do «CEIP Fermín Bouza Brey»

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas vén de anunciar a apertura do prazo de solicitude de praza para o comedor escolar do «CEIP Fermín Bouza Brey». O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de maio e todos e todas a interesadas poden solicitar praza na dirección do propio centro ou descargar o impreso nesta ligazón.