ponteareas

Ponteareas abre a matrícula do Conservatorio Municipal de Música

O concello de Ponteareas a través da concellería de Ensino vén de dar conta da apertura da solcitude de praza tanto para o Conservatorio como para a Escola Municipal de Música para o curso 2018/2019. Todas as familias interesadas poden cursar a solicitude on line ou achegarse ao conservatorio de 16 h a 21 horas.

A matrícula pode realizarse nesta ligazón. No conservatorio municipal impártense clases de instrumentos, harmonía, linguaxe musical, educación auditiva e vocal, orquestra, música de cámara, conxunto, historia da música, coro e acompañamento entre outra materias. O plan de estudos pode consultarse nesta ligazón.

O Conservatorio Profesional de Música «Reveriano Soutullo» é un centro público pertencente ao Concello de Ponteareas no que se imparten Ensinos Artísticos Elementais e Profesionais de Música conducentes á obtención do Título Profesional de Música.