ponteareas

Ponteareas

Nieves Rodríguez desvela as súas lembranzas de mocidade nas alfombras do Corpus de Ponteareas

O auditorio municipal de Ponteareas abre as súas portas á actriz e presentadora Nieves Rodríguez, pregoeira do Corpus Christi 2018, que dará lectura ao pregón ás 21 horas de mañá sábado día 26. O alcalde  Xosé Represas, presentará a Nieves Rodríguez, veciña do Baixo Miño, como exemplo da grande influencia que ten o sentir do Corpus Christi de Ponteareas que trascende máis aló das fronteiras do noso territorio municipal".

  • 0

Ponteareas conta cun Corpus totalmente accesible

Que as persoas con problemas de mobilidade puideran gozar do espectáculo que supoñen as alfombras florais do Corpus de Ponteareas, era unha idea que compartían a Asociación de Alfombristas e a Asociación Adapta e que foi de inmediato recollida pola Concellería de Vías e obras do Concello ponteareán que dirixe a socialista Chus Garrote. Esa «beirarrúa azul» será unha realidade neste Corpus 2018 ao dar por rematadas o Concello as obras necesarias para a súa posta en marcha.

  • 0

A Freixa acolle, o sábado, o Campionato Galego de Augas Abertas de natación

Mañá sábado 26 de maio, a Freixa converterase no centro de atención da natación ao desputarse, en augas do Tea, o Campionato Galego de Augas Abertas, organizado polo Club Natación Ponteareras coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello ponteareán, que dirixe o socialista Benito Márquez, e no que participarán máis de 200 nadadores e nadadoras de clubs de toda Galicia.

  • 0

Vanesa Fernández: "Os bombeiros de Ponteareas son un orgullo para toda a veciñanza"

A concelleira de Serguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, destacou hoxe a "profesionalidade e humanidade" dos bombeiros de Ponteareas pola súa actuación nos tráxicos sucesos acontecidos en Paramos, Tui, pola explosión dun almacén de pirotecnia presuntamente ilegal. A concelleira gabou a disposición dos bombeiros ponteareáns "que responderon de inmediato á chamada do 112 sen saber co que se ían atopar nin a magnitude do suceso que tiñan que afrontar".

  • 0

Alfonso Pexegueiro abre a colección «Creadores Ponteareáns»

«Blasfemias de Silencio (de Seraogna aos Balcáns)» do ponteareán Alfonso Pexegueiro, pasará xa a historia da literatura local como primeiro libro da colección, esperemos que ampla porque material hai dabondo, «Creadores ponteareáns», unha excelente iniciativa da Concellería de Cultura que xestiona a nacionalista Hortensia Bautista. A concelleira, acompañada do alcalde Xosé Represas, foron os encargados de presentar o libro nun acto celebrado na Sala de Conferencias do Auditorio de Ponteareas.

  • 0

O CSD e Cola Cao fan realidade o soño de Borja Gómez

Ponteareas será, o vindeiro xoves 24 de maio, toda unha festa do Deporte, así, con maiúsculas. O Consello Superior de Deportes (CSD) e Cola Cao, entregarán ás 12 horas e na Praza Maior, a primeira «Bolsa Vamos-Cola Cao y el CSD con el Deporte Base» e ninguén máis merecedor da mesma que Borja Gómez, ciclista do C.C.Ponteareas que pedía, un coche equipado con portabicicletas para o seu equipo. Ese soño, feiro realidade, o recibirá das máns do triatlega galego, cunha medalla olímpica e nove títulos mundiais, Javier Gómez Noya.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS