A Biblioteca de Mondariz acolle unha charla-coloquio sobre o cancro de mama

A Biblioteca Pública «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acollerá, este venres 17 de novembro a partir das 20 horas, unha charla informativa sobre o Cancro de Mama, nunha actividade organizada pola «Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo»

Na charla intervirán diferentes profesionais do sector e membros da Asociación que tratarán sobre a prevención desta enfermidade (como alimentarse adecuadamente); explicarán o día a día das enfermas e as súas familias e falarán sobre os diagnósticos e tratamentos.

Dada a importancia desta charla de cara a un mellor coñecemento desta enfermidade, dende o Concello de Mondariz e dende a Asociación «Pilar Domingo» animan a todas as veciñas a participar nesta actividade na que as asistentes poderán formular todas as preguntas que consideren oportunas.