A Xunta acomete unha actuación de rexeneración do Tea en Mondariz

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levou a cabo unha actuación de rexeneración dun tramo do río Tea, ao seu paso polo Concello de Mondariz, para poñer en valor a súa riqueza natural. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, acompañada polo alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, supervisou os traballos executados nesta praia fluvial do Ceo e a área recreativa existente na marxe esquerda do río, na contorna da Ponte da Cernadela, que queda dentro da ZEC Río Tea.

No ámbito da praia fluvial existía unha zona situada baixo a sombra duns plátanos, pavimentada con módulos prefabricados de formigón. As raíces desas árbores tiñan desnivelado o pavimento, provocando condicións non axeitadas para o seu uso.Así, os traballos consistiron na instalación dunha barreira verde para controlar e restaurar a erosión na ribeira, a retirada de bloques de formigón da praia natural e do valado que limita a praia natural e a instalación de valados de madeira para a seguridade da poboación.

praia do ceo rexeneracion02

Os traballos foron executados ao amparo dunha subvención por un importe de case 25.000 euros.