O 7 de novembro péchase a inscrición para o «II Trail Orixes» de Mondariz

Ata o vindeiro día 7 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no «II Trail Orixes», que organiza a Asociación Deportiva Mondariz e na que, os e as participantes poderán participar en calquera das súas tres modalidades, Maratón, de 46 quilómetros; Trail de 26 quilómetros e MiniTrail de 14 quilómetros.

A Asociación Deportiva de Mondariz, organizadora da proba, salientou no que as inscricións realizadas ata o momento fai referencia “a ampla participacións de corredores chegados dende toda Galicia, dende outros puntos da península e dende Portugal", datos que fan que a carreira incremente "non só o número de participantes senón tamén a calidade tanto técnica como humana”.

Un dato salientable e o incremento da participación feminina en todas as categorías, especialmente na Maratón. Entre as participantes destaca a viguesa Ároa Sio recente gañadora do «Ultra Trail de Sanabria» e terceira clasificada no campionato de España Ultra Fedme 2018. Doutra banda, nomes como os de Pablo Conde, Lorena Gregores, Adolfo Garrido, Miguel Carmona, Victor Maneiro, Elosúa... dan boa mostra da importancia dete Trail Orixes en tan só dous anos, xa que trátase de corredores e corredoras cun amplo palmares nas súas costas e que xa están inscritos, ademais dos gañadores das probas do ano pasado.

A organización quixo ter un especial agradecemento "a todos os participantes, colaboradores, patrocinadores, voluntarios..., que grazas o seu apoio e traballo fan posible que se celebre este II Trail Orixes”. O percorrido, por fortuna, librouse da vaga de lumes de outubro do ano pasado. Este feito leva a Asociación Deportiva de Mondariz a poñer de relevo este tipo de probas "que non só potencian o deporte no noso concello senón que poñen en valor o noso monte e entorno, o dan a coñecer as persoas que se achegan para participar no trail así como a moitos veciños e veciñas que ven como ese día, o seu entorno, forma parte da experiencia vivida polos corredores.”

As inscrición pode realizarse nesta ligazón e, para máis información, interesados e interesadas poden atopala na web da Asociación Deportiva de Mondariz https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1576/ii-trail-orixes-de-mondariz e para máis info na web da asociación http://admondariz.org/