Mondariz Balneario

Xunta e Mondariz Balneario axilizan a modificación do planeamento urbanístico

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Mondariz Balnerario, José Antonio Lorenzo, de cara a axilizar a tramitación da modificación puntual do Proxecto de ordenación do medio rural que pretende ampliar de educativo a asistencial os usos permitidos nas instalacións da antiga escola fogar.

ADENCO, vinte e seis anos dando a coñecer a micoloxía

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de pechar o programa de actividades micolóxicas para este Outono, englobados nas Xeiras Micolóxicas e que se desenvolverán en diferentes Concellos da Comarca. Con este, son xa vinte e seis anos os que, os ecoloxistas do Condado, veñen traballando para promocionar, divulgar e poñer en valor o mundo da micoloxía.

O Concello renuncia á recualificación dos xardíns de Mondariz Balneario para fins residenciais

A plataforma cidadá SOS Xardíns de Mondariz Balneario vén felicitar a todos os veciños e veciñas do municipio e da comarca en xeral, polo feito de que o Concello renuncie ao proxecto de modificación puntual do Planeamento Municipal que pretendía, entre outras cousas, recualificar unha parte dos xardíns, que son zona verde protexida, para construír dous edificios de vivendas.

Balneario de Mondariz estrea un campus de verán

Balneario de Mondariz porá en marcha, durante todo o mes de agosto, un campus de verán con iniciación ao golf, xogos na natureza e acuáticos. A iniciativa está aberta a todos os nenos e nenas da comarca con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos e, para participar, non é condición imprescindible estar aloxado no hotel.

Suscribirse a este canal RSS