Mondariz Balneario

O BNG culmina a renovación do seu Grupo Municipal en Mondariz Balneario

O BNG rematará o proceso de renovación do seu Grupo Municipal en Mondariz Balneario coa toma de posesión, como concelleiro, de Mauro Chivite no vindeiro Pleno, que se celebrará neste mes de xuño. Esta incorporación, sumada á recente entrada na corporación municipal de Marcos De La Fuente, supón a substitución de Alicia Lorenzo e Francisco Chivite, quen até agora exercía como portavoz nacionalista.

Mondariz Balneario acolle, o 1 de xuño, o espectáculo «Falar sen cancelas»

A Sala de Cultura do Concello de Mondariz Balneario acollerá, o venres, 1 de xuño, o espectáculo «Falar sen cancelas», un espectáculo de humor a cargo de tres excepcionais cómicos como Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, baixo a dirección de Diego Rei. A actividade, totalmente de balde, dará comezo ás 20 horas e está recomendada para maiores de 14 anos. Será un bo momento para pasar un rato ben divertido cuns monólogos "moi nosos".

O deseño dos novos creadores no DS Midnight Fashion Show de Mondariz Balneario

DS Midnight Fashion Show, en apoio do deseño galego máis novo, xa ten data: celebrarase o venres 1 de xuño, ás 22.00 horas, en Mondariz Balneario. O evento que naceu da man de Balneario de Mondariz hai cinco anos, consolídase agora no mapa das pasarelas nacionais cos seus premios anuais aos creadores galegos máis noveis e o apoio de DS Automobiles. A nova edición da pasarela encherá de maxia os xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario cos edificios históricos como escenario.

Compostaxe e Plan Revitaliza, protagonistas da «Semana da Ciencia» do Marcote-Cemar

A compostaxe e o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra protagonizou a «Semana da Ciencia» organizada polo Colexio Internacional Marcote Cemar de Mondariz Balneario. Dende o martes e ata hoxe venres uns 120 alumnos e alumnas do centro escolar realizaron obradoiros, xogos, charlas e visitas ao centro de compostaxe comunitaria (CCC) instalado na rúa Ramón Peinador, a escasos metros da escola, para coñecer da necesidade de xestionar os residuos de modo sustentable e como é o proceso de tratamento do lixo orgánico a través da compostaxe.

A vila termal de Mondariz retratada por Peridis en «Aquí la tierra» de TVE1

O arquitecto, debuxante, humorista e escritor José María Pérez González, «Peridis», retratou cos seus trazos característicos a vila termal de Balneario de Mondariz nun especial sobre o concello máis pequeno de España no programa de «Aquí la tierra» de TVE1. Os seus debuxos de la Fuente de Gándara e do Palacio da auga serviron para abrir e pechar unha reportaxe que se denominou «Aquí bríndase con Auga».

Suscribirse a este canal RSS