Unha hamburguesa «galega» para celebrar o seu Día Internacional

A comida máis urbanita do século XXI é sen dúbida a hamburguesa, un produto que, cada 28 de maio, convértese o protagonista no seu Día Internacional, data na que os cociñeiros do Balneario de Mondariz sempre tratan de sorprender aos seus clientes cunha aposta innovadora.

Este ano, como motivo da celebración do 145 aniversario da fundación do Balneario de Mondariz, o seu chef, Manuel Cuntín, quixo render unha homenaxe ao saber facer galego nos fogóns e proponnos unha hamburguesa que respira gastronomía da terra. Unha hamburguesa que combina imaxinación, produto galego, e que cambia o popular bolo por unha das estrelas da comunidade, o pan de millo. É a Hamburguesa de solombo de tenreira galega sobre pan de millo, cebola caramelizada, micuit de pato asado e queixo San Simón.

hamburguesa mondariz 01