Mondariz Balneario

«Casa Rivero», gañador do II Concurso de Tapas de Mondariz Balneario

Casa Rivero foi elixido gañador absoluto ─impoñéndose en todas as categorías─ na II edición do Concurso de Tapas «De Viños polas Termas» organizado polo Concello de Mondariz balneario, unha edición, que a pesar de realizarse en só dous días, fronte aos tres da celebrada o pasado ano, despachou 2.300 tapas entre os 7 locais participantes da vila termal.

  • 0

«De Viños polas Termas» do 15 ao 16 de setembro en Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz Balneario organiza o segundo Concurso de Tapas Mondariz Balneario. Unha iniciativa que o Concello pon en marcha "para potenciar a gastronomía da vila termal e aproveitar as sinerxias comerciais". Unha fórmula para dar a coñecer o bo saber facer nos fogóns, dos diferentes restaurantes e taperias do municipio, aos numerosos turistas que visitan nestas datas o Balneario de Mondariz, motor económico da zona.

  • 0

Balneario de Mondariz no «top ten» de «minube»

Os internautas españois acaban de elixir a Balneario de Mondariz como un dos mellores destinos termais nacionais nun «top ten» que vén de publicar neste mes de agosto minube, elitista comunidade de viaxeiros que permite decidir os seus destinos, planificar viaxes e compartir experiencias. Con Mondariz, outros centros termais destacados son Vila Padierna Palace, Balneario de Archena, Panticosa ou Solán de Cabras.

  • 0

Festa Anos 20, lembranza da «Belle Epôque» no Balneario de Mondariz

O CIT, Centro de Iniciativas Turísticas de Mondariz Balneario, organiza o vindeiro venres 4 de agosto, o seu tradicional cea Anos 20, para lembrar os momentos do esplendor do Balneario de Mondariz na década da «Belle Époque». Un encontro co encanto, a moda máis vintage, os amigos das vacacións, as cuadrillas da infancia e todas aquelas persoas que apoian as iniciativas culturais, deportivas e sociais do CIT ou simplemente gozar dunha noite máxica e divertida.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS