Mondariz

Mondariz cualifica de "nefasta" a xestión dos lumes forestais

O Concello de Mondariz, ante o acontecido o pasado domingo cos lumes que asolaron o municipio, ven de facer público un comunicado oficial no que, amais de solidarizarse coas familias dos falecidos, cualifica de "nefasta" a xestión desenvolvida durante os incendios forestais que asolaron Galicia.

  • 0

A Deputación pecha o 100% do «Plan Concellos» en Mondariz

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial novas achegas ao concello de Mondariz, no marco do «Plan Concellos 2017», dentro da súa liña 1 de investimentos, que completan a totalidade de recursos que lle corresponden á vila este ano no marco desta iniciativa da institución provincial.

  • 0

Mondariz acolle, o sábado 7 de outubro, o encontro coral ‘Outono en Son’

A recentemente reformada praza de abastos de Mondariz, acollerá o vindeiro sábado, 7 de outubro ás 20 horas, a primeira edición dun encontro de formacións corais que se desenvolverá baixo o nome de «Outono en Son». A iniciativa, organizada polo coro «Mistura Vocal» a colaboración do Concello de Mondariz, contará coa participación dos coros «Tempus Fugit», «Coro Encaixe» e «Mistura Vocal».

  • 0

O alcalde de Mondariz reúnese coa Xunta para demandar “un transporte público digno”

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, mantivo unha reunión en Pontevedra co xefe territorial de Mobilidade, José Luis Díez Yáñez, para esixir “un transporte público digno e eficaz para o Concello de Mondariz”. Ao longo da reunión, o alcalde expresoulle ao xefe territorial de Mobilidade a “clara insuficiencia de liñas de autobuses para unha boa comunicación con Ponteareas e Vigo” amais de subliñar que a frecuencia dos poucos servizos que quedan “é claramente deficitaria o fai que haxa varias horas de espera entre as liñas”.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS