As Neves

O alcalde das Neves reúnese esta tarde coas tres administracións con competencias na Plisan

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, manterá unha xuntanza hoxe luns día 21, ás 17:30 horas, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que recibirá información sobre a posta en marcha das obras de urbanización da primeira fase da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves e o desenvolvemento posterior da totalidade do proxecto da PLISAN.

Máis de 150 'superdeportistas' disputarán o Raid Vila de As Neves-Marqués de Vizhoja

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, acompañado polo primeiro teniente de alcalde, Eduardo Mariño e o concelleiro de Deportes, Óscar Gonzalez, presentou este martes na Casa do Concello o I Raid Vila de As Neves-Marqués de Vizhoja, que se disputará, íntegramente en As Neves por primeira vez. Na presentación estiveron o presidente da Federación Galega de Orientación, Tito Arufe, o propietario das Bodegas Marqués de Vizhoja, Javier Peláez, Diego Fernández, presidente do Clube Cornelios, Cándido Carrera, campión do mundo de rallyes, e participante na proba, e e Isaac Rodríguez, xefe de seguridade do Raid.

O peche da Escola Municipal de Musica das Neves, a debate plenario

O Pleno das Neves debateu, este sábado, a decisión do Goberno local de suspender a actividade da Escola Municipal de Música, tras coñecer o informe da Secretaría do Concello no cal se indica que, de conformidade coa lei de Orzamentos Xerais do Estado para este ano, os concellos de menos de 5.000 habitantes non poderán contratar persoal temporal, excepto para cubrir necesidades urxentes e inaprazables.

A Lei de Orzamentos Xerais do Estado deixa ás Neves sen Escola de Música

As Neves, municipio estreitamente vinculado á música, ten que pechar a súa Escola Municipal de Música, lugar de aprendizaxe de moitos nenos e nenas, polo disposto na Ley de Orzamentos Xerais do Estado "e polas políticas de austeridade no gasto público e de recortes na prestación de servizos sociais aprobadas polo do Goberno do Estado", afirma o alcalde das Neves, o nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

As Neves intensifica as xestións en relación coa conexión co novo hospital de Vigo

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, manterá unha xuntanza, o vindeiro luns, día 31, ás 6 e media da tarde, no seu despacho do Concello, co doutor Manuel Moreira, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública, para coñecer, de primeira man a situación do novo hospital de Vigo que pasará a ser o centro de referencia dos veciños de As Neves, una vez empece a funcionar a pleno rendimento.

Suscribirse a este canal RSS