As Neves

Obradoiro sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo nas Neves

A Casa da Xuventude das Neves acollerá, este xoves 21 de febreiro ás 19:30 horas, un obradoiro de participación sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do río Miño Transfronteirizo (PMST), de cara a que entidades, colectivos e persoas interesadas poidan realizar as súas propostas e achegas. O PMST é unha das principais accións do proxecto de cooperación transfronteriza Smart Minho, que busca planificar un modelo de mobilidade e accesibilidade, entre as eurocidades do Minho, orientado á mellora da calidade de vida das persoas, a seguridade vial e respecto ao medio ambiente.

O Pleno das Neves aproba modificar o planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel

O Pleno do Concello das Neves, deu o visto bo, sen o apoio do Partido Popular, á aprobación inicial da modificación puntual do planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel da Garda Civil. Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandonado.

Bos resultados do Badminton As Neves no Máster Nacional de Collado de Villalba

Esta pasada fin de semana os sub11 e os absolutos do Club Badminton As Neves desprazábanse ata Collado de Villalba para disputar un novo Máster Nacional de Bádminton. Despois dun longo sábado de competición con partidos dende as 09:00 h ata as 22:00 h, a xornada remataba con Adrián Rodríguez clasificado para a as semifinais en individual masculino sub11 e dobres sub11. Na categoría absoluta, Bruno Moldes facía o mesmo en dobres mixto.

As Neves contratará no 2019, cando menos, 29 persoas

O Concello de As Neves ten programada a contratación, ao longo deste 2019 de, cando menos, 29 persoas, en períodos que van de 3 a 10 meses e, na meirande parte dos casos, en xornadas de traballo completas. Coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “o noso obxectivo é, coma viñemos facendo dende o inicio do mandato, que ese emprego sexa cada vez de maior calidade, coa mellora nas condicións laborais e o tempo de contratación máis amplo posible”.

As Neves mellorará a mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

Suscribirse a este canal RSS