Educación destina 62.000 euros para reparar os danos do lume no IES das Neves

César Pérez Ares durante a visita que realizou ao IES das Neves para comprobar sobre o terreo os danos sufridos César Pérez Ares durante a visita que realizou ao IES das Neves para comprobar sobre o terreo os danos sufridos

A Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra licitou hoxe as obras de reparación dos danos causados no IES das Neves durante a pasada vaga de lume. Os traballos terán un orzamento de 40.000 euros, aos que haberá que engadir 12.000 euros máis que serán destinados dende Educación ao centro para que este contrate a reparación do noiro situado fronte ao aparcamento danado polo fogo e as altas temperaturas.

Pola súa banda, a Xefatura Territorial levará a cabo a retirada e reporá as placas translúcidas da fachada posterior do pavillón polideportivo; tamén levará a cabo a limpeza da fachada do edificio principal e do pavillón, instalando así diversas estadas. Ademais, retiraranse os canlóns e as baixantes queimadas, sendo repostas por novos PVC. Finalmente, tamén se retirará o peche perimetral que será reposto por unha malla de simple torsión, con postes de formigón, cables de aceiro, tensores e amarres.

O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitou o colexio para comprobar os danos sufridos polo centro e insistiu na necesidade de executar estas obras canto antes “para que a comunidade educativa poida recuperar a normalidade ao 100%”.