Bos resultados do Badminton As Neves no Máster Nacional de Collado de Villalba

Esta pasada fin de semana os sub11 e os absolutos do Club Badminton As Neves desprazábanse ata Collado de Villalba para disputar un novo Máster Nacional de Bádminton. Despois dun longo sábado de competición con partidos dende as 09:00 h ata as 22:00 h, a xornada remataba con Adrián Rodríguez clasificado para a as semifinais en individual masculino sub11 e dobres sub11. Na categoría absoluta, Bruno Moldes facía o mesmo en dobres mixto.

No camiño quedaban Iker Otero e Rodrigo Álvarez en sub11, que seguen cunha boa evolución e en absoluto Brais Vidal, Sergio García e Brais Alves que continuan collendo experiencia no circuíto nacional. 

O domingo emepzaba a xornada decisiva ás 09:30 h, e as cousas non podía ir mellor para Adrián Rodriguez que se clasificaba para as dúas finais de sub11, mentres que, pola súa banda, Bruno Moldes facía o mesmo en absoluto.

badminton as neves collado villalba 2019 02

Despois dun bo torneo amosando un alto nivel, Adrián Rodríguez alzábase co Ouro en dobres sub11 (xogando con Yaidel Gil de Eivissa), e coa Prata en individual masculino sub11.

badminton as neves collado villalba 2019 03

Bruno Moldes sumaba unha Prata en dobres mixto absoluto xogando con Raquel Miguéns (Ravachol). Foi, en resumo, unha boa fin de semana de xogo e outro bo torneo dos xogadores do Bádminton as neves, en especial de Adrián Rodríguez que, neste ano leva 3 finais, dúas delas gañadas, en tres master nacionais.