As Neves inicia unha nova tempada de «Cinema de Inverno»

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, volve de novo os sentidos ao sétimo arte e inicia unha nova tempada do ciclo «Cinema de Inverno», que terá como sala de proxección o Auditorio Municipal. A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 18:30 horas, da man das curtas infantís de OQO Editora, Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

Tamén outro domingo, este será o 17 de febreiro, e á mesma hora no mesmo lugar, proxectarase Dhogs, a primeira longametraxe dirixida por Andrés Goteira e producida por Suso López.

O sábado 9 de marzo, ás 20:00 horas, e tamén no Auditorio, as luces vanse apagar para darlle paso a ‘ódalas mulleres que coñezo, unha longametraxe de Xina do Teixeiro, da produtora Walkie Talkie Films.