O Concello das Neves mellora as escolas de Rubiós e Taboexa

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, comproba os traballos que se están a levar a cabo la escola de Rubiós O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, comproba os traballos que se están a levar a cabo la escola de Rubiós

O Alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, vén de supervisar as obras que se están a facer na Escola de Rubiós que teñen coma obxectivo, coma as que se levan adiante tamén na Escola de Taboexa, a mellora destes inmobles para continuar prestando o seu uso educativo. O rexedor local comprobou que están a atallarse os problemas de humidade do edificio, así coma a de falla de illamento térmicos nas aulas, a mellora e reposición do chan e a colocación dun novo lavabo.

Para facelo posible haberá dobre fiestra en cada unha das aulas, conservando as xanelas de madeira e colocando unhas novas metálicas corredoiras. Así mesmo, está prevista a colocación dun tras-dosado interior de fábrica de ladrillo con cámara de aire e illamento e un aspirador nas chemineas das aulas, un falso teito no baño da aula principal, “para baixar a súa altura e mellorar o seu funcionamento térmico”.

Ao mesmo tempo, estanse a acometer traballos de mellora na instalación eléctrica, de calefacción e iluminación, mediante a renovación da mesma, a colocación de pantallas LED, un circuíto de alumeado de emerxencia e a colocación de novos radiadores e emisores térmicos.

Do mesmo xeito, sinala o alcalde, “estamos co mantemento da cuberta, incluíndo a substitución de xacias, pontóns e ripas en mal estado, así como de tellas rotas”.

Na Escola de Taboexa, procédese a colocación dun novo tabique divisor entre a entrada e os aseos, o pintado de teito do soportal exterior e a situación dun novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.