As Neves renova o alumeado público na rúa Eira da Liñaza

O Concello das Neves prosigue desenvolvendo o plan de de mellora no alumeado público e edificios públicos de cara a conseguir unha maior eficiencia enerxética e, ao mesmo tempo, un maior aforro económico ao mesmo tempo que se anova o servizo. Os traballos centráronse, nas últimas datas, na renovación do sistema de alumeado –incluídos os báculos das luminarias– en toda a rúa Eira da Liñaza, xunto cunhas novas no barrio do Monte.

Estas melloras engádense as realizadas, primeiro, coa renovación de todos os cadros de alumeado público e, posteriormente, co cambio a iluminación led, de moito menor consumo para continuar coa renovación da iluminación do Pavillón Municipal.

O alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, subliñaba que "queda moito por facer neste ámbito" por iso adiantou que o Concello xa ten solicitadas varias subvencións ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) que de ser condedidas, sinalaba o rexedor local, "permitirían renovar o alumeado de case todo o territorio municipal cunha inversión de arredor de 500.000 euros dos que o concello aportaría un 10 por cento".