As Neves

Medio cento de persoas, na Ruta do Viño Rías Baixas nas Neves

A Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Produto das Rutas do Viño de España, completou onte unha xornada de sendeirismo «Camiñando entre Viñedos» nas Neves, cita á que acudiron un total de 50 persoas chegadas de distintos puntos da provincia. O percorrido comezou na adega asociada Señorío de Rubiós, onde os asistentes percorreron as instalacións á vez que se lles explicaba o traballo desenvolvido nesta empresa.

  • 0

A Deputación mellora a contorna de Santa Marta de Ribarteme nas Neves

“Crear un espazo atractivo, seguro e accesible, potenciando actividades e poñendo en valor a arquitectura do edificio parroquial e o propio espazo público”. Con esas palabras resumía o deputado de Mobilidade da Deputación provincial as obras que se desenvolverán para mellorar a contorna da igrexa de Santa Marta de Ribarteme no Concello de As Neves cun proxecto de preto de 200.000 euros.

  • 0

Porto Maior, As Neves, o lugar de ocupación humana máis antigo de Galicia

Ata o vindeiro 30 de xuño desenvolveranse os traballos de escavación arqueolóxica no xacemento de Porto Maior, no Concello das Neves, e enmarcados dentro do proxecto internacional Minho/Miño: Os primeiros poboadores do río Miño, onde colaboran investigadores de diferentes centros nacionais e internacionais, como as universidades de Lisboa, Porto, Minho e Adelaide (Australia), o Australian Research Centre for Human Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH).

  • 0

A Deputación publica «Extinción», unha visión gráfica da traxedia das Neves

“Extinción é precisamente unha palabra que, aínda que poida referenciar o traballo preciso para apagar a vaga de lumes que sufriu o sur da provincia, tamén debe facer referencia a que non se debe extinguir o espírito solidario que o pobo galego intrinsecamente ten e que sobresae ante as adversidades ambientais e sociais tan duras que levamos padecido ao longo da nosa historia”. Así define Xosé Leal, o deputado de Cultura e Lingua, a natureza do libro que recolle a mirada artística de 15 fotógrafos do Colectivo Latente e un texto do escritor Xabier Queipo.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS