Ponteareas ofertará, por vez primeira, o título de Adestrador Básico de Fútbol

Por primeira vez, Ponteareas ofertará o curso de adestrador Básico de Fútbol, que habilita para a Licencia UEFA B, unha titulación substitúe ao antigo Nivel 1, en base ás Directivas que regulan a Convención da UEFA sobre titulacións técnicas e ao programa de educación de adestradores da UEFA, aprobado polo Comité Executivo da UEFA o pasado 14/12/2014 e ratificado pola RFEF en Xaneiro de 2015. Esta titulación cualifica para poder adestrar equipos de fútbol base, da Liga Galega Infantil, da Liga Galega Cadete, da División de Honor Cadete e da Liga Galega Xuvenil.

  • 0

A Deputación inaugura o Campo de fútbol de Fornelos-Oural en Salvaterra de Miño

O deputado da Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades, acompañado pola deputada de Deportes, Chelo Besada, e polo alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, amais membros do Goberno local, inaugurou o pasado luns o novo campo de fútbol de Fornelos-Oural.  As obras, financiadas nun 75% pola Deputación de Pontevedra ─o que supuxo unha achega provincial situada en 350.593,77 euros─ e un 25% polo concello, “supuxeron garantir a seguranza das cativas e dos cativos que practican este deporte", asegurou David Regades.

  • 0

Máis de 170 nadadores na a «II Travesía a nado Vila do Tea»

O Club Natación Ponteareas e a Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, dirixida por Benito Márquez, celebran por segundo ano consecutivo a «Travesía A Nado Vila do Tea», proba que está incluída dentro do Circuíto Galego de Augas Abertas e que estará controlada polo comité de Árbitros da Federación Galega de Natación. A proba, que se disputará na Freixa dende as 10:30 h do sábado, foi presentada oficialmente esta semana e os organizadores esperan que se converta nun referente na comunidade galega.

  • 0

Ponteareas inicia un plan de renovación e construción de novas áreas infantís

O goberno local de Ponteareas prevé destinar, entre este ano 2017 e o 2019, unha partida económica relevante dos Plans de Obras con fondos da Deputación a renovación, mellora e construción de novas áreas de ocio infantil. Como paso previo a estas actuacións, o Goberno local realizou un completo e detallado estudio sobre a situación actual de todas as zonas de xogo infantil, neste completo inventario puxéronse de manifesto as deficiencias detectadas nos parques.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS