O PP de Salceda “unha rectificación pública” da concelleira de Educación

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de facer pública unha nota, esta misma tarde, na que insta á concelleira de Educación, Teresa Pérez, que rectifique en público respecto dun comentario que os populares cualifican de “nada oportuno e fóra de lugar” exposto no seu perfil de Facebook. O presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, acúsaa de “facer política no ensino, ao igual que fan os seus compañeiros de goberno en todos os sectores”.

Escolares mosenses coñecen os Muíños da Budiela e da Salgueira

O Concello de Mos pon en marcha a actividade escolar ‘Coñece Mos’ organizada pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá, mediante a que se leva aos escolares do Concello a facer un percorrido polo conxunto de Muíños da Budiela e rematando no Sendeiro dos Muíños da Salgueira, en Pereiras, de xeito que coñezan e valoren o seu entorno máis próximo.

Aberta en Salceda a exposición do Certame Fotográfico “Viaxando”

A Cada da Cultura de Salceda de Caselas acolle, ata o vindeiro 29 de maio, as fotografías que participaron no VII Certame Fotográfico “Viaxamos”. O certame está organizado, cada ano, polas diferentes OMIX de Salceda de Caselas, O Rosal, A Guarda, Tomiño, O Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.

“SurfeaMos o Atlántico”, curso de surf para a mocidade mosense

A mocidade de Mos terá a oportunide de participar en cursos de surf nunha actividade que, baixo o nome de "SurfeaMos o Atlántico" está organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense. O curso, que se realizará durante o vindeiro mes de xuño na praia de Prado, stá dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 35 anos.

Suscribirse a este canal RSS