Os Reis Magos visitan o 'CSCD As Pedriñas' de Mos

O Centro Socio Cultural e Deportivo As Pedriñas de Mos vén de anunciar que o vindeiro venres, 4 de xaneiro, ás 17 horas, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán a cantina do Territorio Cultural as Pedriñas, onde todos os nenos e nenas poderán entregarlle as súas Maxestades as súas cartas e, amais, poderán gozar dunha chocolatada totalmente de balde. Achéganse, sen dúbida, os días máis emocionantes do Nadal para os máis pequenos e pequenas.

O Goberno de Salceda "indignado" polo esquecemento do municipio nos Orzamentos da Xunta

O Goberno local de Salceda de Caselas expresou hoxe a súa indignación polo feito de que, os Orzamentos 2019 da Xunta de Galicia, “deixen fora proxectos importantes para o conxunto da cidadanía”. Ningunha das emendas presentadas polo grupo parlamentar de En Marea a petición de Movemento Salceda, foron tidas en conta para ser incluídas nas contas autonómicas para o vindeiro ano, o que deixará fora a realización de proxectos “de calado para o desenvolvemento do municipio e para a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas”, sinalou o alcalde, Marcos Besada.

A Policía Local do Porriño desartella dous puntos negros de venta de droga

Axentes da La Policía Local do Porriño veñen de desartellar dous puntos negros de venda de droga na vila e de deter a un individuo de 47 anos de idade relacionado coa venda de estupefacientes. Os policías xa tiñan constancia das actividades de un suxeito que, supostamente, adicábase a vender droga en dúas zonas do casco urbano, aínda que, ata a noite do pasado luns, día 17 de decembro, non puideron atopalo.

Eva García de la Torre reúnese con representantes do Foro de Empresarios de Galicia

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, mantiveron unha xuntanza con representantes do Foro de Empresarios de Galicia coa finalidade de tratar a necesidade do aproveitamento de chan industrial nos polígonos do Porriño. García de la Torre salientou que O Porriño conta con 1 millón de metros cadrados de chan industrial dispoñíbeis.

A Vaqueira, un barrio do Porriño 'dividido' por unha liña continua

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou este mércores pasado na estrada PO-510, aos veciños e veciñas do barrio da Vaqueira, na parroquia de Budiño, para esixir de novo á Xunta de Galicia, que dea una solución aos porriñeses que viven neste barrio, “que fica dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas ou negocios e cruzar aos peóns”.

Rondallas, estación de Papá Noel e tren do Nadal o domingo en Puxeiros

Mos segue a vivir con intensidade as vesperas das primeiras festas do Nadal. O domingo 23 de decembro ás 17:00 horas na Avenida de Puxeiros celebrarase o Desfile de Rondallas e poderá tamén visitarse a Estación de Papá Noel con obradoiros infantís e animación. Actuarán a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e a Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso.

Suscribirse a este canal RSS