salceda 2017

Nin a choiva pode co «Entruido Tradicional» de Salceda

Nin a choiva nin as malas previsións meteorolóxicas para a xornada, foron quen de impedir que Salceda, da man da Asociación Cultural «A Feira» recuperase o seu «Entruido Tradicional». Era unha ocasión que, veciños e veciñas de salceda viñan esperando dende hai tempo e así o demostraron nunha praza maior que, a pesar da choiva que se fixo sentir con forza, recibiron con aplausos aos cabaleiros, danzantes e damas do «Rancho de Carnaval» da Feira.

O traballo de recuperación do entroido tradicional que a Asociación Cultural A Feira fixo dende hai moito tempo, tivo hoxe o seu froito. Foi moito tempo de falar con todos aqueles do barrio que, dun xeito ou outro, aínda lembraban o «Rancho de Carnaval, os cabaleiros, os danzantes e as damas.So nos queda lembrar unha frase que Manolo Cabaleiro, secretario da Asociación Cultural A Feira, apuntaba na presentación do Entruido Tradicional e na que dicía que, unha vez comezados os traballos de investigación “descubrimos que había unha serie de valores que estaban esquecidos e que recuperalos era unha obriga, porque constitúen un patrimonio histórico artístico único”.