salceda 2017

Salceda continúa coas IV Xornadas de Seguridade Vial

Arredor de 700 escolares pasarán polas xornadas se Seguridade Viaria que desenvolve o Concello de Salceda de Caselas co obxectivo de concienciar aos máis pequenos da importancia da das boas prácticas nas vías públicas. Os nenos e nenas reciben ademáis agasallos conmemorativos do seu paso polas xornadas.

A pasada semana tocáballe aos nenos e nenas do CRA Raiña Aragonta e, nesta semana, será o alumnado do CEP Altamira o que reciba a formación teórica nas aulas e práctica no circuito de seguridade vial habilitado ó carón das aulas.

A actividade está organizada a través das concellerías de Tráfico e Ensino. As xornadas están dirixidas aos escolares do municipio de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria, que reciben formación teórica e práctica en materias de educación vial. Na parte teórica ofréceselle ao alumnado unha sesión sobre os principais conceptos de seguridade infantil.

Unha vez rematada a charla, os alumnos e as alumnas acceden a un circuito no que poñen en práctica os conceptos adquiridos na formación teórica. O circuito está dirixido polos membros da Policía Local de Salceda, que lles dan aos cativos as instruccións precisas para unha correcta circulación pola vía pública, tanto dende o punto de vista dos conductores como dos peóns.