salceda 2017

Os xulgados avalan as decisións do Concello en materia laboral

Loli Castiñeira, concelleira de Persoal (terceira pola esquerda) cos demáis compoñentes do grupo de Goberno de Movemento Salceda Loli Castiñeira, concelleira de Persoal (terceira pola esquerda) cos demáis compoñentes do grupo de Goberno de Movemento Salceda

As últimas sentenzas recibidas nestes días, seguen a avalar as decisións do Concello de Salceda en materia laboral. Os xulgados, segundo sinala o Goberno local, "levan desestimado todas e cada unha das reclamacións interpostas contra o Concello por parte do persoal laboral para que se lle recoñezan os trienios procurando así a equiparación co persoal funcionario, que si os percibe por lei". Tódalas sentenzas que ata o de agora se recibiron (ata 7 dos Xulgados do Social de Vigo) veñen a negar a posibilidade de percibir os trienios.

A primeira delas foi ditada no 2015 polo Xulgado Social Nº 5 de Vigo e confirmada polo TSX en xuño de 2016. Dende entón fóronse sucedendo diversas sentenzas onde os tribunais seguen a desestimar a reclamación dos trienios por parte do persoal laboral.

Xa son tres as sentenzas que recoñecen melloras salariais a outras tantas traballadoras municipais. Cabe destacar que estas melloras que agora recoñecen os tribunais son practicamente iguais ás propostas polo equipo de goberno no borrador de RPT que foi imposible sacar adiante ante o desplante dos sindicatos. O Goberno mantivo a negociación da RPT ata o final, pero os representantes sindicais levantáronse das mesas negándose a negociar se non se atendía a algunhas das súas pretensións, que suporían entorno a 100.000€ de incremento de custe salarial a maiores do plantexamento inicial.

Lamentan, dende o equipo de Goberno, a actitude dunha parte do persoal municipal que, afirman, "ven empregando nas últimas semanas comportamentos que se poderían considerar de acoso cara aos seus propios compañeiros e compañeiras, que se ven obrigados a participar de accións coas que non sempre están de acordo, como certas actitudes de falta de respeto que se veñen mantendo nos últimos Plenos Municipais".

A pesar desta difícil situación, o equipo de Goberno mantén a súa intención "de negociar e chegar a acordos", tal como lle ten trasladado a nova concelleira de Persoal, Loli Castiñeira, aos diferentes delegados dos sindicatos con representación no Concello de Salceda, tan pronto como tomou posesión do seu cargo.

Loli Castiñeira, foi clara ao asegurar que defende "o dereito dos empregados e empregadas municipais a manifestarse na defensa dos seus intereses", pero igual de clara foi ao sinalar que "non imos permitir o que está a acontecer nos últimos Plenos, con insultos e faltas de respeto contínuas cara o equipo de Goberno". "Próximamente voltaremos convocar a mesa de negociación para tentar desbloquear a situación”, conclúe a concelleria de Persoal.