salceda 2017

Salceda de Caselas

Esta semana deron comezo as obras de mellora da Aula Unitaria de Fontán

Salceda de Caselas, 12 de agosto de 2017 O Concello de Salceda de Caselas deu comezo, esta semana, aos traballos de mellora da Aula Unitaria de Fontán, pertencente ao CRA Raíña Aragonta. As obras, incluídas no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, contan cun investimento de 26.545,64 euros e permitirán o cambio de tellado do inmoble e a instalación de novos equipos de climatización.

  • 0

Salceda recibe máis de 100.000 euros no marco do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión dunha axuda de 105.252,18 euros ao Concello de Salceda de Caselas, para financiar as obras de mellora do paseo fluvial e o parque etnográfico do río Landres. Ata o momento, Salceda de Caselas ten aprobado xa o 61,55% do orzamento que a Deputación de Pontevedra lle destina no marco do “Plan Concellos 2017”, isto é, unha achega valorada en 393.865,37 € dos máis de 600.000 euros que lle corresponden neste exercicio.

  • 0

Salceda consolida a diminución do desemprego

Salceda de Caselas vén de consolidar, no mes de xullo, a tendencia á baixa que dende comezos de ano experimenta no número de persoas en situación de desemprego. Dende o mes de xaneiro, un total de 140 persoas atoparon traballo das que 66 son mulleres e 82 homes. En total son 431 persoas menos en situación de desemprego que no ano 2012, ano no que se rexistrou o maior índice de desemprego no municipio.

  • 0

Salceda considera a reparación de beirarrúas da PO-411 “como unha solución provisional”

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisaron na mañá de hoxe o inicio das obras “Reposición de beirarrúas na PO-411 (Paramos-Salceda) entre os puntos quilométricos 1+500 e o 1+880”. Marcos Besada, alegrouse do inicio destas obras que eran, dixo, “unha vella demanda dos veciños e veciñas de Salceda” se ben o rexedor local puntualizou que os traballos que agora se inician “non deixan de ser unha solución provisional”.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS