Porriño 2017

O Porriño porá autobuses para a manifestación en «Defensa das pensións públicas»

O Concello do Porriño vén de informar que falicitará autobuses ás veciñas e veciños do Porriño que queiran asistir á manifestción convocada o vindeiro sábado, día 17 de marzo en Vigo, en Defensa das Pensións Públicas, convocada pola Coordinadora pola Defensa do Sistema Público de Pensións. Para poder utilizar este servizo de autobuese, os interesados e interesadas deben ser veciñas do Porriño, e poderán anotarse no Concello ata o vindeiro xoves, día 15, ás 12:00h.