Porriño 2017

Eva García de la Torre reunirase cos comuneiros de Atios para falar das canteiras

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, manterá unha xuntanzan con representantes da Comunidade de Montes de Atios, o vindeiro mércores, día 14, ás 10:30 horas. Cumpre deste xeito García de la Torre o seu compromiso trala sentenza do Xulgado de Primeira Instancia Nº 3 do Porriño en relación coa titularidade das canterias da parroquia.

No seu día, García de la Torre sinalara que tiña a “obriga legal e moral e a responsabilidade de defender os bens patrimoniais das veciñas e veciños do por Porriño”, e adiantara que, en base a este feito, o Concello recorrería a resolución xudicial, ao tempo que amosaba toda a súa consideración e respecto polas comunidades de montes e polos dereitos históricos que representan.