Porriño 2017

Velocidade, frío e area na visita da copa de Galicia de ciclocross a Viveiro

Os integrantes da Asociación Deportiva Avanza de O Porriño desprazáronse os preto de 300 qilómetros que separan O Porriño do concello lugués de Viveiro para afrontar a oitava proba puntuable da Copa Galicia de Ciclocross organizada pola Peña Ciclista «Gráficas Lar».

Era unha das probas mais rápidas da Copa Galicia de Ciclocross ao ser unha proba practicamente cha que obrigou aos ciclistas a rodar a gran velocidade en moitos puntos do circuíto, que transcorría en case que toda a súa totalidade no recinto do Parque Pernas Peón e na que os areais da praia de Covas foron tamén unha parte do espetáculo da proba.

ciclocross viveiro 01

Unha vez mais na categoría de promocións os ciclistas de categoría infantil da A.D. Avanza coparon os primeiros postos xa que Andrés Valverde cruzaba o arco de meta en 2º posición seguido de Hugo Martínez, 3º; Iker Otero 4º e Uxía Soto en 5ª posición sendo a primeira fémina en completar o circuíto.

Na categoría cadetes Xoel Montes, que chegaba a Viveiro na cuarta posición do ranking da copa Galicia, mantivo aos seus compañeiros en vilo no transcurso da proba ao liderar as dúas primeiras voltas, quedando rezagado á cuarta posición logo de varios atrancos que non mermaron as súas forzas e, finalmente, conseguindo rematar a carreira en terceira posición. As seus comparnñeiros de categoría, David Fernández, décimo do ranking, entraba na sétima posición e Sergio Lorenzo conseguía rematar 10º.

ciclocross viveiro 02

Na categoría Junior, Jose Ramón «Chechu» e Óscar Fernández situados na 6ª e 9ª posición do ranking da Copa Galicia, respectivamente, asinaban un bo papel ao conseguir rematar «Chechu» en sétima posición e Óscar Fernández na oitava posición.

Na categoría Elite-Sub 23, o público presente puido gozar do gran espectáculo que lles brindaron dous dos mellores ciclistas galegos do momento, Iván Feijoo do Club ciclista Maceda e Samuel González do Club Ciclista Salvaterra, ambos veñen participando en probas nacionais e internacionais e deixando constancia no concello lucense de Viveiro de que son os mellores ciclistas galegos do momento. Luis Fernández “Oli”, que chegaba a Viveiro situado na sétima posición do ranking, conseguía cruzar sétimo o arco de meta.

Os ciclistas da asociación Deportiva Avanza regresan de Viveiro coa mente posta xa na seguinte cita que chega en escasos días. Ó certo é que a primeira semana de decembro vén chea de citas para os e as ciclistas porriñesas, comezando por esta de Viveiro o día 3, para seguir o vindeiro día 6 en Boiro, o 9 en Pontevedra e o 10 será a proba que o propio club porriñes organizará no Velódromo Municipal do Porriño coa disputa do «I Trofeo Ciclocross Avanza-Concello do Porriño».

ciclocross avanza